jueves, 31 de enero de 2008

Blog da Asociación de Veciños de Araño.

Benvidos ao blog da
"Asociación de Veciños de Araño"

A Asociación de Veciños/as de Araño, é unha asociación sen ánimo de lucro, que foi fundada o 27 de novembro do 1991, tendo un período de inactividade dende mediados de 1995 ata o 2007. Esta asociación rexurde para busca a mellora continua nos distintos eidos que afectan á vida cotiá dos veciños da parroquia do Araño e formar parte e participar dos órganos de goberno aos que sexa convocada polo Concello ou calquera outro organismo para mellor defensa dos intereses comúns, tanto de ámbito parroquial como municipal.

Con este blog preténdese dar a posibilidade aos veciños de expresar as súas opinións e facer propostas para mellorar a convivencia na parroquia do Araño.

Pódense enviar novos temas á conta de correo da Asociación de Veciños de Araño (e-mail: aavv.aranho@gmail.com), onde se avaliará a súa publicación no blog.

Sen máis esperamos as vosas mensaxes.

Un saúdo para todos e gracias pola vosa cooperación.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esta é unha proba de funcionamento.
Aclarar que se pode facer calquer tipo de comentario.

Un saúdo.