miércoles, 1 de julio de 2009
Excursión á Ribeira Sacra.
PROGRAMA
* Saída con destino a Castro Caldelas onde se visitará o castelo.
* Visita guiada por unha Bodega da zoa.
* Comida no “Hotel O Casino da Rasa” (Nogueira de Ramuín).
* Percorrido en catamarán polos canóns do Sil.
* Visita do mosteiro de San Estevo.
* Visita das “Pozas da Chavasqueira” (pozas termais en Ourense).
O prezo será de:
* 40 € para os socios
* 42 € para non socios
(inclúe visita ao Castelo de Castro Caldelas, 1 comidas e a viaxe en catamarán)
Inscrición aberta ata o día 31 de xullo nos teléfonos:
* José Luís Rodríguez 628.420.181
* Eduardo F. Moares 625.617.500
lunes, 23 de febrero de 2009
CURSOS 2009
Estes cursos celebraránse os seguintes días:
-Manualidades: martes de 19:00 a 21:00.
-Arte Floral: xoves de 19:00 a 21:00.
-Baile de Salón: sábado de 18:30 a 20:00.
Interesados pórse en contacto coa Xunta Directiva da AA.VV. nos teléfonos de contacto 628.420.181 ou 625.617.500.
Lembrarvos que se está celebrando un curso de Debuxo os sábados de 12:00 a 13:30.
ANÍMATE E PARTICIPA
Entroido 2009
O sábado día 21 de febreiro a partires das 17:30 tivo lugar no Araño a celebración do Entroido.
Houbo uns 150 asistentes que puideron degustar doces típicos destas datas, tomar un vaso de viño do país, probar o licor café ou a queimada que puxo punto seguido a este evento que esperamos lle dea paso a moitos outros.
Destacar o gran éxito do taller de globoflexia e maquillaxe que gracias a axuda incondicional de Irene, Susana e Mª Carmen conseguiron alegrar a tarde dos máis cativos.
Tamén tivemos a gran sorte de poder contar coa actuación do gran grupo Vai de Roda, os cales lle temos que agradecer que puideran vir a este evento.
Gracias a todos pola vosa asistencia e lembrade.
ANÍMATE E PARTICIPA.
jueves, 31 de enero de 2008
Blog da Asociación de Veciños de Araño.
Benvidos ao blog da
"Asociación de Veciños de Araño"
Con este blog preténdese dar a posibilidade aos veciños de expresar as súas opinións e facer propostas para mellorar a convivencia na parroquia do Araño.
Pódense enviar novos temas á conta de correo da Asociación de Veciños de Araño (e-mail: aavv.aranho@gmail.com), onde se avaliará a súa publicación no blog.
Sen máis esperamos as vosas mensaxes.
Un saúdo para todos e gracias pola vosa cooperación.